Diario persoal (bueno, máis ou menos)

Factorizer - Funny Facts

Terça-feira, Agosto 07, 2007

 

O fin dunha época

Tíñao que facer máis tarde ou máis cedo. Decidín parar de escribir no blog. Non o vou pechar, dáme moita pena, aquí teño moitos recordos: o fin do fraguismo, a viaxe a Londres, tódolos líos do último ano de carreira... Pero xa hai bastante tempo que isto deixou de ter sentido para min, por iso xa non deixaba posts. Durante a carreira era divertido por ver o que a xente dicía, pero agora que case non hai contacto... Non sei, xa non lle vexo razóns para continuar. Quizais abra ese blog do que lle falei a Dani (de Torneiros) hai tanto tempo con críticas sobre pelis. Non o sei. Ou quizais algún día volva retomar este blog. Tampouco o sei. Así que grazas ós que vos lembrastes de min todo este tempo despois de acaba-la carrera. A vos e cos que xa non falo, espero que vos vaia todo moi ben e que volvamos coincidir algún día. Moita sorte a todos e a todas e ata pronto.

Terça-feira, Junho 26, 2007

 

Agora que chega o verán...

Pois resulta que ó final atopei un curso con moi boa pinta para aproveita-la bolsa do mec. Custa xusto 1600 euros (que é a contía total) e inclúe: avión dende Madrid, cuarto cunha familia a media pensión e 20 horas semanais de clases durante 15 días. E o mellor de todo é o sitio: Toronto ou Vancouver. E claro, Berto dime que non me emociones, que continue a buscar porque ó mellor podo atopar algo que me guste máis. Pero como non emocionarme pensando que se vou a Vancouver vou poder ver os sitios onde se rodaba Expediente X! De todas formas, seguirei a procura de cursos...


Quarta-feira, Junho 20, 2007

 

Vaca vaca vacacións!

Si señor, este verán (se nada o impide) penso marchar de vacacións fóra de España. Se non estou a traballar en agosto, marcho con Berto a Zurich durante 7 ou 15 días a visitar a miña irmá; e se traballo, marchamos a París unha finde. ¡Pero aínda hai máis! Resulta que ó final déronme a bolsa do mec para facer un curso de inglés no estranxeiro. Si, xa sei que o de ir facer un curso de inglés de negocios despois de acabar a carreira é un pouco heavy, pero o que vou facer é aproveitar a bolsa para facer un pouco de turismo :P Eu estaba pensando en ir a Australia ou ós E.U.A, pero non creo que a bolsa e os estudos den para tanto. Así que, a partir de agora voume dedicar a buscar cursos baratos en sitios bonitos e a ver que sae. Xa vos manterei informados/as. Unha apertaaaa


Sábado, Maio 12, 2007

 

Baldada

Si, estou baldada. Hai dous meses estaba na casa rascando a barriga e vendo se alguén se apiadaba de min e me daba algo de choio e agora non teño tempo nin para actualizar isto. Pois resulta que estou a traballar de 10:00 a 15:00 como teleoperadora de portugués en Unísono e polas tardes estou en facturación e embarques de Spanair no aeroporto de Vigo. E non pensedes que o de Spanair é unha chorrada, que para que me colleran tiven que facer un curso de 7 horas diarias con 7 días teorícos e 7 de prácticas no aeroporto + dous exames. E como estou tan cansa, agora vou relaxarme un pouco e en canto poida (espero que en menos dun mes) volverei por aquí. ¡Ai, que dura é a vida do currante! Snif!

Terça-feira, Abril 17, 2007

 

A jugaaaaaaaaar!

Parece ser que ós profes do último curso da nosa carreira se lles dá a todos por participar en concursos da tele, debe de ser que ó final a interpretación non dá para tanto :P Primeiro foi Diego en 50x15 e hoxe acabo de ver a Susana, a de interpretación ante os servizos públicos, en Cifras e letras, o progrma da TVG! A verdade é que en ningún dos dous casos tiveron sorte, que Diego por arriscar quedou con 1000 euros e Susana o único que levou foi o dicionario de Xerais, que o tipo contra o que xogou leva nonseicanto tempo (en euros, 2500) e ten unha pinta de Norman Bates... Ó mellor o tipo é majete, pero non parece que saia moito da casa; e digo eu, para que queres ser un coco se despois non tes ninguén con quen saír de marcha para o celebrar? :)

Terça-feira, Abril 10, 2007

 

MUUUUUUUUUUU


Chi chi. Chegan as vacas da Cowparade! Pero tal e como demostran as probas aquí presentes, eu xa asistira antes a esta congregación de vacas variopintas. Para quen non o saiba, a Cowparade ten xa moitos anos de percorrido polo mundo, e esta que vedes aquí é unha de Zurich. Se queredes máis información, visitade a páxina oficial e poderedes ver fotos doutras edicións: http://www.cowparade.com Aínda que non aparece a de Zurich, eu teño a proba de que si estiveron :P Tamén falan dela na Wikipedia, e aquí podedes comprobar que se creou en Zurich e que quen fixo a entrada debe de ser americano. Sen ánimo de ofender, pero fixádevos en que categoría encadran Zurich e Suíza: http://en.wikipedia.org/wiki/CowParade

Estas exposicións tamén se fan con osos, bancos e un montón de cousas, pero non teño moi claro que sexa da mesma organización. Aí tendes outra fotiño. Por certo, que pasado mañá temos (Iria e mais eu e todos os que se presentan, claro) os exames de tradutora xurado, así que desexádenos moitisísima sorte.

Unha aperta!


Sexta-feira, Março 30, 2007

 

Un día máis por aquí


Hoxe foi o meu día de probas no choio. Ó final tantas ganas de marchar e tanto lío para que quedara tres horas alí. E non é que sexa tan complicado, pero o problema é que hai mogollón de traballo (ou polo menos houbo mentres estiven eu alí) e hai que facer un montón de cousas distintas. Eu estaba toda preocupada por se me tiña que aprender algún vocabulario en francés e resulta que o único que teño que dicir é: Il ne réponds pas ou Oui, un moment... Xa vedes, cinco anos de carreira para isto.
Pero iso non é o que me preocupa agora, resulta que hai un pouco estaba xogando con Rubi (a miña cadeliña, por se alguén non o sabía) e acabo de atoparlle uns bultos por cerca da barriga. Ó mellor non é nada, pero eu son unha histérica destas cousas, así que cando acabe xa ma levo correndo para o veteranio, non vaia ser.
E acabo levantando un pouquiño o ánimo cun chiste do meu profesor de francés da eoi adaptado ó galego: ¿Cal é a palabra máis longa do galego? Flexible (juas, juas, parto eu soa)

This page is powered by Blogger. Isn't yours?