Diario persoal (bueno, máis ou menos)

Factorizer - Funny Facts

Segunda-feira, Novembro 06, 2006

 

O retorno da laranxeira


Jos, xa sei que pasou moito tempo dende a última vez que actualicei isto, pero se non o fixen antes foi por dúas boas razóns: 1ª levo enfermita dende o xoves e non puiden saír de casa; e 2ª creo que iso foi o máis interesante que me pasou dende a última vez que me puxen a contar a miña vida por internes. Vamos, que sigo buscando choio e vagueando por aí. Pero todo vai cambiar a partir do xoves. ¿Por que? Vos preguntaredes algúns. PORQUE VÉN XISEEEEEEEEEEEEEE!!!!!! Si señor, e vai ser festa rachada. Dá igual que acabemos sendo os catro de sempre, que haxa redadas policiais por Churruca ou que chova a cántarso. Cito palabras textuais cando digo: IMOS A MUEERTEEEEEEEEEEEEEEEE. Así que seguramente xa terei máis cousas que contar despois do día 9 (jur, jur).
Bueno, tampouco podo dicir que non me pase nada. Empecei hai pouco con alemán na escola de idiomas. Por agora parece moi divertido, pero como faltei un día xa teño medo de ir e de non me enterar de nada. E ollo, que xa aprendín unha chea de cousas: sei decir "¿como te chamas", "chámome tal", "¿que tal estás?", sei contar ata doce... Ale, que xa estou preparada para que me solten por Zurich adiante ; )
E nada máis, que me alegro de ver que a todos vos vai máis ou menos ben e de que aínda hai xente que se lembra de min (vos xa o sabedes). Unha aperta e ata prontooooooo.

Comments:
Ata o xoves ;)
 
ei, Noe! quanto tempo! como vai tudo? eu também ando por Vigo de vago a procurar curro a ver que acontece. Temos de combinar algum dia os que fiquemos por Vigo!
 
Si, si, o do alemán pódoo confirmar eu. Quedei abraiado coa aquela demostración maxistral que nos deches lendo a carta de cervexas en alemán na bocatería aquela de Coruxo, je, je, je.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?