Segunda-feira, Março 19, 2007
Ola, que taaal?

A verdade é que non tiña pensado actualizar isto, pero entrei por casualidade e deume pena ver as miñas mascotas tan soliñas e dixen: "vai haber que facer algo". Pois a miña vida segue máis ou menos igual dende novembro, a verdade. Buscando un choio que non aparece e pasando o tempo en casa ou na EOI : P Bueno, cambiar algo cambiou. Agora por fin teño internet na casa e estou preparando os exames de tradutora xurado, o que pasa é que non podo dicir que sexa moi constante, precisamente. Empecei hai unha semana e non sei eu se para o 11 de abril estarei preparada, pero que se lle vai facer. Dicíanme por aí que a ver se fago un fotolog en vez dun blog, pero é que eu sigo sen cámara dixital e as únicas fotos que podería colgar serían do ano catapuschimpún (de cando eu aínda era unha unversitaria, que tempos!). E este venres é SAN PEPE, por fin. Borracheira, de marcha por Vigo, ver os antigos compis... Dios, creo que vou chorar, snif! Así que xa sabedes, que vos quero ver a todos por alí sen falta e sen excusa posible. Unha aperta e non prometo que vaia actualizar isto a miúdo, pero si de cando en vez. Ata prontoooo!
Comments:
<< Home
Alaaa qu forte que escribiu!!!
XDDDD
A ver se vou a San Pepe e véxote por ali entón :P
E ánimo con Galanes e derivados xD
Enviar um comentário
XDDDD
A ver se vou a San Pepe e véxote por ali entón :P
E ánimo con Galanes e derivados xD
<< Home

