Diario persoal (bueno, máis ou menos)

Factorizer - Funny Facts

Sexta-feira, Março 23, 2007

 

Uuuuuuuu! Teño traballo


Bueno, iso de traballo é un dicir; máis ben vou estar de escrava como recepcionista para unha empresa de Valladares. Resulta que o choio é de sustitución: luns, martes e mércores de semana santa. ¿E sabedes canto me pagan por eses tres días en total? Pois 60 euros brutos. Menudo pastón, ¿eh? Normalmente non aceptaría o choio, pero como necesito ir collendo experiencia nalgo... Á parte, todo o mundo sabe como son as ett, que lles dis que non unha vez e despois a saber cando che volven chamar. Ademais, tampouco ía facer nada en semana santa, que sen pasta a ver a onde ía.

Por certo, hai que ver como se nota que nos facemos velliños. Onte chamo a Iria para ver se viña ó San Pepe e resulta que ela se enterara polo periódico de cando era o día. ¡Que triste! Xa non somos universitarios/as, señores (bueno, a maioría). E o peor non é iso, o peor é que eu nin sequera vou subir hoxe á tarde ó cuvi. Teño que estudar para os exames de tradutora xurado (que total vou suspender) e non se pode. ¡Ai que penita de vida! De todas formas hoxe toca coller unha boa borracheira e recordar vellos tempos.

¡VIVA SAN PEPE!

Comments:
Algho e algho muller. Sempre. E total eu si fun a san pepe, e pa que, pa emborracharme? si es que...
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?