Sábado, Março 24, 2007
Xa pasou San Pepe
Si señor, estamos no aftermath de San Pepe. Coma sempre, resaca non teño (aínda o podo dicir, juas juas) e é que tres cubatas e unha coronita tampouco dan para tanto. Pero chegan polo menos para que non recorde como coño me fixen os dous pedazo de negróns que teño na parte de adiante da perna máis ou menos á mesma altura. Ademais, teño unhas maniotas que pa que. Pero pagou a pena, si señor. Gustoume ver a alguén coñecido, de feito vin a máis xente da que pensaba. Con Dani e David xenial (a ver se realmente facemos esa visitiña ó Lino en Semana Santa) e apareceu, como non, San Agustín, que está en tódolos lados ; ) A noite empezou no Bartolo, evidentemente, e despois de pasar pola Bola fomos ó Iguana. A última vez que estivera alí fora no entroido de hai dous anos con Xise e o enviado (buaaaaaaaah, que recordos), pero non cambiara moito. Vamos, que o pasei xenial. Emborracheime, estiven cos meus colegas e o meu mozo e descubrín unha faceta de Dani (de Torneiros) que non coñecía : P Así que só espero que se repita pronto e con moita máis xente, que hai que pasalo ben. BIKOOOOOOS!
Proba fotográfica da existencia dese estraño ser que era o enviado
Proba fotográfica da existencia dese estraño ser que era o enviado
Comments:
<< Home
Sempre um prazer compartir uns cubatas contigo. A ver se fazemos essa cea em Semana Santa, Lino rules!
Enviar um comentário
<< Home

